SUXEITOS EMERXENTES: SEXUALIDADES E FEMINISMOS CONTEMPORÁNEOS
O curso de verán SUXEITOS EMERXENTES: SEXUALIDADES E FEMINISMOS CONTEMPORÁNEOS, ten como propósito fundamental dar a coñecer as novas correntes teóricas e prácticas do pensamento crítico feminista e dos movementos de liberación sexual actuais. O enfoque debe ser comprendido a partir dunha dislocación múltiple do suxeito feminista, onde a identidade moderna, homoxénea e esencial do suxeito "muller" comeza a ser redefinida, diversificada e afinada pola intervención múltiple de novos suxeitos que emerxen desde contextos xeográficos e políticos afastados tradicionalmente da centralidade política feminista.
O curso organízase en catro bloques temáticos:
- XÉNERO, ARTE E ACTIVISMO
Nos últimos anos asistimos, no contexto galego, a unha efervescencia nos discursos e prácticas políticas feministas relacionadas coa producción artística en Galicia. A interrelación entre xénero, arte e activismo está a posibilitar novas linguaxes e formas de comunicación que se incorporan ás políticas actuais do movemento e á creación artística en Galicia.
- ENFOQUES E DEBATES EN TORNO AO FEMINISMO E AOS MOVEMENTOS DE EMANCIPACIÓN SEXUAL
A intersección entre as gramáticas feministas e a teoría queer teñen posibilitado a irrupción de discursos autocríticos dentro dos propios movementos feminista e LGBT. As ponencias propostas abordarán cuestións como as políticas LGBT europeas, a crítica 'antiqueer' plantexada por unha parte do movemento feminista e LGBT ou os debates orixinados coa aparición das correntes transfeministas.
- MIGRACIÓNS, XÉNERO E SEXUALIDADE: PERSPECTIVA POSTCOLONIAL DO FEMINISMO E OS MOVEMENTOS DE EMANCIPACIÓN SEXUAL
Os discursos postcoloniais ou as diferentes prácticas políticas autónomas, desde os movementos civís de mulleres no Magreb ata a 'subversión do dereito' proposta polo transfeminismo ecuatoriano promoven novas análises desde as fronteiras do feminismo, onde as variábeis de etnia, clase ou relixión son determinantes á hora de explicar a heteroxeneidade do suxeito. Esta realidade, unida á migración ou ao exilio por discriminación sexual, así como a aparición de discursos racistas e islamófobos nas comunidades feministas e LGBT europeas poñen de manifesto a necesidade de autocrítica, articulando políticas inclusivas baseadas en valores igualitarios e antirracistas dentro dos propios movementos sociais.
- REPRESENTACIÓNS DO CORPO E DA SEXUALIDADE DAS MULLERES
É fundamental destacar o lugar e o poder que teñen hoxe as representacións dos corpos das mulleres, desde a literatura á creación audiovisual. As poñentes invitadas promoven novos modelos de feminidade e formas de autorepresentación que empoderan e visibilizan a sexualidade das mulleres.
DATAS: 14-17 de setembro 2011
LOCALIZACIÓN
Ponencias e mesas redondas no CUR (antigua facultade de Empresariais) e exposicións, ciclo de vídeo e teatro na Normal (antigua facultade de Maxisterio), no Campus de Riazor.
ORGANIZADORES/COORDINADORES DO CURSO
- Antía Pérez Caramés. Directora do curso. Profesora Contratada Doutora en Socioloxía da Universidade da Coruña. Investigadora en feminismos, migracións, envellecemento e coidados.
- Pablo Andrade. Sociólogo. Master en xénero e políticas públicas. Activista. maribolheras precárias.
- Rubem Centeno. Sociólogo. Experto en Teoría queer. Ten publicados diversos artículos sobre movementos de emancipación sexual en distintas publicaciones como a Revista Tempos, Periódico Diagonal e en publicaciones on-line galegas. Activista maribolheras precárias.
- Anxela Caramés. Historiadora da arte. Investigadora en feminismos e arte contemporánea.
PROGRAMA DO CURSO DE VERÁN
Mércores 14: Teoría e prácticas feministas. Xénero, arte e activismo
MAÑÁ
9.30 Presentación do curso
10-11.30: mesa redonda: Colectivos feministas que empregan a linguaxe artística como práctica política en Galicia
MULHERES TRANSGREDINDO (Santiago de Compostela), MARIBOLHERAS PRECÁRIAS (A Coruña) e NOMEPISESOFREGHAO (A Coruña)
11.30-12 pausa-café
12- 14 Video-Debate: Doli, doli, doli coas conserveiras. Rexistro de traballo. Longametraxe documental dirixida por Uqui Permui, gravada durante o 2009 e 2010.
TARDE
16.30- 18 Proxección de creacións audiovisuais feministas realizadas por artistas galegas
18-18.30 descanso
18.30-20.30 Mesa redonda-debate: Procesos de traballo feminista nas prácticas artísticas: Uqui Permui, María Ruido e Carme Nogueira
Xoves 15
ENFOQUES E DEBATES ACTUAIS EN TORNO AO FEMINISMO E AOS MOVEMENTOS DE EMANCIPACIÓN SEXUAL
MAÑÁ
10.00-12.00 Feminismos e teoría queer. Discurso anti-queer no movemento LGBT e feminista. María José Belbel e Beatriz Suárez Briones
12-00-12.30 pausa-café
12.30-14.00. Políticas LGBT europeas. Sergio Vitorino
TARDE
16-17.30 Teorías fílmicas feministas. David Castro
17.30-17.45 descanso
17.45-19.15 Feminismo galego, antecedentes dunha revolución en marcha. Mónica Bar Cendón
19.15-19.30 descanso
19-30-20.30 Representación da obra Área de descanso de Iria Pinheiro e Clara Gayo (SALA CUBO NORMAL)
Venres 16
MIGRACIÓNS, XÉNERO E SEXUALIDADE. PERSPECTIVA POSTCOLONIAL DO FEMINISMO E DOS MOVEMENTOS DE EMANCIPACIÓN SEXUAL
MAÑÁ
10-12 Mesa redonda: Feminismos e movementos de emancipación sexual nos países do Magreb e Oriente Medio. Maggie Schmitt e Pedro Malpica
12- 12.30 pausa-café
12.30-14 As dinámicas de xénero na praza Tahrir e o movemento LGTB no Líbano: A historia de Helem. Leil-Zhara Mortada
TARDE
16-16.30 Vídeos de Elizabeth Ross sobre mulleres migrantes
16.45-18.15 Procesos vitais: Migracións trans/queer. Dereitos de cidadanía. Laura
Bugalho
18.15-18.45 descanso
18.45- 20.30 Prácticas de empoderamento dende o transfeminismo. Pablo Kagu Vergara
Sábado 17
AUTO-REPRESENTACIÓNS DO CORPO E DA SEXUALIDADE DAS MULLERES
MAÑÁ
10-10.30 Proxección audiovisual: Mi sexualidad es una creación artística de Lucía Egaña Rojas
10.30-12 Auto-representación da sexualidade das mulleres desde a videocreación. María Llopis
12-12.30 Pausa-café
12.30-14.00 Post-Op. Plataforma de investigación de xénero e post-pornografía. Elena Urko e Majo Pulido
EXPOSICIÓNS E ACTIVIDADES PARALELAS NA NORMAL
14-16 de setembro
A) Exposicións
1. Miradas
Exposición dos traballos fotográficos desenvoltos por un grupo de mulleres inmigrantes, residentes en Cataluña, durante o Taller de Fotografía Documental realizado por Acsur-Las Segovias e conducido por Adriana Leira.
Cada traballo vai acompañado dun texto escrito pola súa autora, dado que durante as aulas profundizaron sobre un tema elexido por cada alumna, persoal e único, que foi elaborado de manera coherente, fiel a súa idea orixinal. Como producto deste proceso xurdiron temas tan auténticos como a procura incansable de empleo, a dor pola distancia cos fillos, a procura dun camiño propio e os medos que esto representa, ou a construción dunha nova identidade como muller inmigrante, entre outros.
9 autoras: Neide Catoira, María José Torres Costa, Cristina Velásquez, AnouchK, Verónica Silva, María Isabel Ayala, Gabriela González, Sandra Pabón, Gladys Manrique
2. Contenedor de feminismos
Un proxecto aberto, en proceso, posto en marcha por Carme Nogueira, Uqui Permui e Anxela Caramés. Ten a finalidade de recuperar e documentar nun arquivo as pequenas e as grandes historias dos feminismos galegos nestes últimos trinta anos. Este é un dispositivo móbil á disposición do contexto e do relato a documentar de forma audiovisual, gráfica e escrita. A primeira intervención/document-acción ocupouse das loitas sindicais das conserveiras da área de Vilagarcía de Arousa durante os anos oitenta, centradas no peche de cen mulleres na fábrica de Odosa.
+ info: http://www.cntxt.org/cnx/index.php?q=node/32
Nesta ocasión, convertirase nun espazo documental para os algúns dos colectivos feministas galegos que usan a a linguaxe artística como ferramenta política. Mostraranse os seus carteis, fanzines, folletos, vídeos....
Colectivos participantes: Maribolheras Precàrias (Coruña); Nomepisesofreghao (Coruña); Mulheres Transgredindo (Santiago de Compostela); Lerchas (Ourense)
B) ciclo de vídeos. Sala Cubo. Comisariado: Anxela Caramés
1. Artistas galegas que traballan desde os feminismos ( 96’17”)
- María Ruido: La voz humana (7’40”)
- Carme Nogueira: 25’05” diarios, 2003 (4’55”)
- Sonia Tourón: A vueltas con la peana, 2007 (7’)
- Claudia Brenlla: Bata por fóra (muller por dentro) 2008 (17’50”)
- Clara Gayo: Se queres que cho diga, espera, 2009 (12’27”) + Privado, 2010 (1’38”)
- María Marticorena:
Asuntos laterales, 2005 (15’) + Silbando mis tormentos, 2009 ( 12’)
- Post-Op: Implantes, (4’58”)
- Mónica Cabo: Rompiendo los huevos por las claras, 2006 (6’25”)
- Peque Varela: 1977, 2007 (8’24”)
2. Mulleres migrantes: vídeos de Elizabeth Ross (30’79”)
- Nómada, las mujeres se mueven, 2008-09: Todas y las mariposas (4’51”, Nómada, las mujeres se mueven (7’4”)
- Y, ¿dónde están las mujeres?, 2010: Ritos de Pasaje: del sueño a la vida real (5’11”), Me lo dijo Adela (5’37”), Lourdes, clara y directa (8’36”)
C) Teatro. Sala Cubo.
Xoves 15 de setembro ás 19.30h
Compañía teatral Gayo-Pinheiro: Área de descanso
Montaxe teatral realizada polas artistas e actrices Iria Pinheiro e Clara Gayo. Unha obra mordaz, en clave de humor, que transmite o verdadeiro sentido de amizade de dúas mulleres que, ao estilo Thelma e Louise, fuxen da rutina das súas vidas.
+ info:http://maribolheras.com/?page_id=1842
Proyecto del grupo de investigación
FIGURAS DEL EXCESO Y POLÍTICAS DEL CUERPO.
Ecuaciones culturales y prácticas artísticas de la pluralidad de los placeres, las experiencias y/o las identidades.
Director: Daniel Tejero Olivares
Departamento de Arte
Universidad Miguel Hernández de Elche
http://fidex.umh.es/
FIGURAS DEL EXCESO Y POLÍTICAS DEL CUERPO.
Ecuaciones culturales y prácticas artísticas de la pluralidad de los placeres, las experiencias y/o las identidades.
Director: Daniel Tejero Olivares
Departamento de Arte
Universidad Miguel Hernández de Elche
http://fidex.umh.es/
ARCHIVO
CONSULTAS
SUXEITOS EMERXENTES. SEXUALIDADES E FEMINISMOS CONTEMPORÁNEOS
Posted by : Figuras del Exceso y Políticas del Cuerpo on lunes, 12 de septiembre de 2011 | Etiquetas: arte, Curso, feminismo, políticas de género |
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario